PARQUES E XARDÍNS
A concelleira apuntou que, coa intervención prevista, a zona do estanque quedará moito mellor integrada no paseo central da Alameda, gañando ademais en diversidade de flora, colorido e vistosidade. En especial, salientou que a remodelación permitirá a volta das aves ao estanque, o que tamén constituirá un atractivo para os máis pequenos. As obras aproveitaranse tamén para mellorar os sistemas de rego, automatizándoos, facilitando un importante aforro de auga.
Retirada do sebe e automatización do rego
En canto á xardinería, retirarase o sebe perimetral existente na actualidade. En troques, plantaranse diversas especies arbustivas, tapizantes e bulbosas, que permitirán unha mellor integración do estanque co xardín e co resto do paseo central da Alameda.
As instalacións tamén serán renovadas, automatizando o sistema de rega manual existente. Esta parte da Alameda, lembrou a edil, non estaba conectada co sistema central de rego automático. Aproveitarase tamén para conectar a este rego automático a zona anexa do Campo da Estrela.
Estanque impermeabilizado
Habilitarase un sistema de recollida de pluviais no paseo peonil que discorre entre o estanque e a rúa Juan Carlos I, evitando os empozamentos que se viñan producindo ata agora. Neste paseo substituirase a pavimentación actual por outra de xabre, colocando ademais un valo perimetral de madeira.
O estanque contará cun novo sistema de chorros e luces led e será restaurada a caseta dos parrulos existente na parte central do vaso. Este estanque quedará agora impermeabilizado, xa que agora ten un problema de filtracións que, segundo a concelleira, provoca que se perdan cada día máis de 10 metros cúbicos de auga, máis do que supón o total do rego diario do parque da Alameda.
O estanque da Alameda recuperará as aves e quedará mellor integrado no paseo central
11/01/2013 A concelleira de Medio Ambiente e Parques e Xardíns, María Castelao, presentou o proxecto de mellora no estanque da Alameda e do xardín a carón do mesmo. Intervirase na xardinería, nas instalacións, no mobiliario, na pavimentación e na impermeabilización. O orzamento inicial será de 119.979 euros, procedentes de remanentes.
Segundo indicou María Castelao, trátase dunha "actuación importante para manter a imaxe da Alameda, un parque emblemático que non podemos deixar deteriorar". Neste sentido, o responsable de Parques e Xardíns, José Antonio Mosquera, apuntou que esta parte do parque quedara fóra doutras remodelacións feitas con anterioridade na Alameda, polo que xa presenta un importante grao de deterioro.A concelleira apuntou que, coa intervención prevista, a zona do estanque quedará moito mellor integrada no paseo central da Alameda, gañando ademais en diversidade de flora, colorido e vistosidade. En especial, salientou que a remodelación permitirá a volta das aves ao estanque, o que tamén constituirá un atractivo para os máis pequenos. As obras aproveitaranse tamén para mellorar os sistemas de rego, automatizándoos, facilitando un importante aforro de auga.