ALCALDÍA

A Fundación Amigos de Galicia informou ao alcalde sobre o seu labor de atención social a familias sen recursos do municipio

09/01/2013 O alcalde compostelán reuniuse con representantes da Fundación Amigos de Galicia, presidida por Luís Rial Suárez. Este explicoulle a Ángel Currás a situación xeral das familias ás que atenden en Santiago e no seu entorno e solicitoulle a colaboración dos servizos sociais do Concello para un mellor control e detección das persoas sen recursos e con necesidade de axuda.

Ángel Currás agradeceu o "traballo desinteresado" que realiza a Fundación, a cal "se dedica todos os días do ano a socorrer familias sen recursos". O seu labor, lembrou, non se limita só á alimentación, senón tamén achegando roupa, material escolar, mobles e axudas económicas.

Pola súa parte, Luís Rial expresou a súa preocupación polas "necesidades detectadas en Santiago e a súa área metropolitana, que son máis das que parecen". A propósito disto, o director xeral da Fundación, Jesús Busto, apuntou que, cada día, esta atende unha media de 832 persoas de 208 familias. No último exercicio, a contribución económica a este labor solidario foi de 157.235 euros.

O presidente de Amigos de Galicia demandou a colaboración dos servizos sociais do Concello para servir de "filtro", co fin de evitar a "picaresca" e así "saber que ese que nos pide realmente o necesita".

Documentos relacionados

Direcciones relacionadas



Compartir: