CENTROS SOCIOCULTURAIS

Clausurados con éxito os campamentos abertos de Vive o Nadal

07/01/2013 Pecháronse os Campamentos Abertos de Nadal, actividades de conciliación familiar e laboral programadas pola Concellería de Centros Socioculturais no marco de Vive o Nadal. Estas actividades realizáronse dende o 26 de decembro e ata o 4 de xaneiro nos centros socioculturais das Fontiñas, O Ensanche e Conxo, e nos locais socioculturais das parroquias rurais da Gracia, Nemenzo e Figueiras.

Un total de 129 nenos e nenas de entre 4 e 12 anos participaron nas actividades programadas nestes centros en horario matinal. Xogos dirixidos, saídas culturais, obradoiros artísticos, maxia, cociña, baile, actividades de reciclaxe e outras deron contido a unha iniciativa da que os rapaces disfrutaron durante seis xornadas.

A programación en todos os centros e locais completouse con obradoiros, actividades festivas e as visitas do Paxe Real, que conseguiu recoller todas as cartas para entregarllas ás Súas Maxestades antes do 6 de xaneiro.

Compartir: