EDUCACIÓN

Últimas dúas xornadas do programa de conciliación laboral e familiar de Nadal da Concellería de Educación

04/01/2013 A concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, acompañou, durante unha visita ao Museo do Pobo Galego, os nenos e nenas que participan nas actividades de conciliación de Nadal organizadas polo seu departamento nos CEIP Pío XII, As Fontiñas e Ramón Cabanillas. Este era o penúltimo día do programa, que rematará o luns 7.

Os obradoiros, as actividades lúdicas e deportivas e os xogos combínanse nestes campamentos de Nadal coas visitas a centros de interese da cidade. Un destes lugar de interese é o Museo do Pobo Galego, onde os rapaces puideron coñecer as tradicións culturais galegas, que nesta edición foron o fío condutor dos obradoiros.

Neste programa viñeron participando nenos e nenas que cursan estudos en centros de educación infantil e primaria, entre o 2º ciclo de Educación Infantil e o 3º ciclo de Educación Primaria de Santiago. As familias tiñan a opción de escoller entre participar todos os días do programa ou en días soltos. Ademais de anotarse no horario de obradoiros e actividades, os nenos tamén podían facer uso dun servizo de madrugadores ou da opción do almorzo.

Compartir: