CULTURA

Segundo concerto de Love of Lesbian dentro do ciclo Compostela Rock tras esgotarse as entradas do primeiro

03/01/2013 Love of Lesbian esgotaron as entradas para o concerto que ofrecerán o 15 de febreiro en Santiago de Compostela, na Sala Capitol, dentro do ciclo Compostela Rock. Dada a boa resposta por parte do público e coñecendo que aínda moita xente non ten entrada, Love Of Lesbian confirma unha data máis, o xoves 14 de febreiro.

Love of Lesbian percorreron durante os últimos dous anos máis de 150.000 quilómetros por toda a Península ofrecendo 150 concertos dos que gozaron 250.000 seguidores. Comparten a súa vida profesional con 142.697 fans en Facebook e con 60.000 en Twitter. Todo iso inspirounos para o seu novo traballo, La noche eterna – Los días no vividos (Music Bus 2012).

Coa publicación do novo traballo, son sete os discos que levan ás súas costas e pode xa considerarse a Love of Lesbian como un dos grupos máis importantes do indie español.

As entradas para a nova data do concerto de Love of Lesbian na sala Capitol de Santiago de Compostela para o 14 de febreiro xa están á venda en www.atrapalo.com a través de internet, e no despacho de billetes do Teatro Principal cun prezo de anticipada de 20 € (máis gastos) e cun prezo en despacho de billetes de 25 €.

Compartir: