ALCALDÍA

O alcalde felicitou o Nadal aos composteláns

20/12/2012 O salón vermello de Raxoi acolleu a tradicional recepción de Nadal á cidadanía de Santiago, a través da cal o alcalde, Ángel Currás, felicitou as festas aos composteláns.

Ángel Currás expresoulle aos colectivos representados neste acto os mellores desexos para o ano 2013, animándoos afrontar do mellor xeito posible as dificultades que, sobre todo no eido económico, se poidan presentar. "Malia as circunstancias adversas, creo que podemos ter confianza na cidade, nas súas posibilidades", dixo.

Compartir: