ALCALDÍA

O alcalde compostelán recibe unha distinción da Casa de Galicia en Madrid

18/12/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe esta tarde en Madrid un diploma outorgado pola Casa de Galicia. Será no transcurso do acto de clausura das actividades do ano desta delegación da Xunta.

Neste acto, que dará comezo ás 19:00 horas, a Casa de Galicia pechará o programa de actividades de 2012 e entregará distincións a diversas personalidades que colaboraron activamente con esta institución e en recoñecemento aos seus valores profesionais e humanos. Xunto ao alcalde compostelán, recibirán tamén distincións: Darío Villanueva Prieto, secretario da Real Academia Española; Manuel Seixas Calviño, empresario; Antonio Fernández de Buján y Fernández, catedrático de Dereito Romano e Premio "Castelao 2011"; Mariluz Barreiros Ramos, presidenta da Fundación Eduardo Barreiros; Juan González-Cebrián y Tello, diplomático e director de Relaciones con los Medios de Comunicación da Casa de Su Majestad el Rey; Álvaro Rodríguez Bereijo, expresidente do Tribunal Constitucional; José María Álvarez del Manzano, exalcalde de Madrid e presidente de IFEMA; José Crespo Iglesias, alcalde de Lalín; Manuel Jesús García Garrido, catedrático de Dereito Romano e exrector da Universidade de Santiago de Compostela e da UNED; Francisco Cal Pardo, enxeñeiro industrial e presidente de Tecniberia; Fernando Ónega López, periodista; e Jesús Souto Prieto, maxistrado do Tribunal Supremo.

No acto lerase un breve currículo de cada homenaxeado. O acto finalizará coa actuación dun grupo de gaiteiros e a interpretación musical da violinista húngara Andrea Szamek.

Compartir: