ECONOMÍA

Área Central acolleu a segunda edición de Getting Contacts! en Santiago

14/12/2012 O centro comercial Área Central acolleu a segunda edición en Santiago de Getting Contacts!, organizada polo Concello de Santiago dentro do programa Santiago Investors Support, coa colaboración de AJE Galicia e Área Central.

Getting Contacts! ten coma obxectivos fortalecer ás empresas locais, facilitando os contactos e o networking, xerar novas oportunidades de negocio, atraer a empresarios de outras poboacións e abrir as portas a novas inversións. A organización garantiu que os asistentes ás xornadas se entrevistaran cun mínimo de 10 profesionais con intereses comúns para atopar novos clientes e provedores, atopar novos socios e proxectos, mellorar a rede comercial e atopar potencias inversores. Nesta segunda edición inscribíronse máis 120 empresas e realizáronse 1.200 entrevistas.

De xeito paralelo á celebración de Getting Contacts!, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, entregou os premios aos Xóvenes Empresarios de Galicia, organizados por AJE Galicia e que teñen ao Concello de Santiago entre os seus patrocinadores. O acto de entrega de premios celebrouse no salón de actos do Instituto Galego de Vivenda e Solo, situado tamén en Área Central.

ADNteen
Ademais da organización deste encontro empresarial, o Concello de Santiago colabora, a través do programa Santiago Investors Support, con ADN Ideas, Centro de Desenvolvemento de Competencias Emprendedoras, na organización de ADNteen, un programa pioneiro en Galicia no que os estudantes de primeiro ciclo da Educación Secundaria poderán desenvolver unha proposta emprendedora de forma creativa e entretida. Terá lugar os días 26, 27 e 28 de decembro no edificio CERSIA e contará con formadores da Cátedra Bancaja – Xóvenes Emprendedores e facilitadores do Clube Emprende M.A.S. Para máis información: www.adnideas.com.

Compartir: