EDUCACIÓN

Encontro dos máis pequenos cun músico de instrumentos tradicionais

16/05/2006 Dentro das actividades previstas con motivo das Letras Galegas, a Escola Infantil Municipal de Conxo organizou un encontro cun artesán e músico de instrumentos tradicionais, Lois Mouriño.

Os rapaces puideron así coñecer máis de preto as gaitas e a percusión e a súa sonoridade. Esta actividade compleméntase cun concerto con gaiteiros maiores do barrio de Conxo, no patio da Escola.

Compartir: