ECONOMÍA

Área Central acolle a segunda edición de Getting Contacts! en Santiago

11/12/2012 A concelleira de Economía, Reyes Leis; o xerente de Área Central, Juan Carlos Losada; e o presidente de AJE Galicia, Daniel Ramos, presentaron a segunda edición en Santiago de Getting Contacts!, organizada polo Concello de Santiago dentro do programa Santiago Investors Support, coa colaboración de AJE Galicia e Área Central. Celebrarase o venres 14 en Área Central a partir das 9:30 horas.

Reyes Leis agradeceu a colaboración tanto de AJE Galicia coma de Área Central. A esta última animouna a continuar na mesma liña de traballo que están seguindo no reposicionamento da superficie, enfocándose tamén cara o sector empresarial e de negocios, ademais do puramente comercial. Neste sentido, apuntou que a organización por parte do Concello dun evento empresarial quere tamén colaborar nesta aposta.

Getting Contacts! ten coma obxectivos fortalecer ás empresas locais, facilitando os contactos e o networking, xerar novas oportunidades de negocio, atraer a empresarios de outras poboacións e abrir as portas a novas inversións. A organización garante que os asistentes ás xornadas entrevistaranse cun mínimo de 10 profesionais con intereses comúns para atopar novos clientes e provedores, atopar novos socios e proxectos, mellorar a rede comercial e atopar potencias inversores. Nesta segunda edición hai xa máis de 120 empresarios e emprendedores inscritos.

De xeito paralelo á celebración de Getting Contacts!, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, entregará os premios aos Xóvenes Empresarios de Galicia, organizados por AJE Galicia e que teñen ao Concello de Santiago entre os seus patrocinadores. O acto de entrega de premios comezará ás 12:00 horas no salón de actos do Instituto Galego de Vivenda e Solo, situado tamén en Área Central.

ADNteen
Ademais da organización deste encontro empresarial, o Concello de Santiago colabora, a través do programa Santiago Investors Support, con ADN Ideas, Centro de Desenvolvemento de Competencias Emprendedoras, na organización de ADNteen, un programa pioneiro en Galicia no que os estudantes de primeiro ciclo da Educación Secundaria poderán desenvolver unha proposta emprendedora de forma creativa e entretida. Terá lugar os días 26, 27 e 28 de decembro no edificio CERSIA e contará con formadores da Cátedra Bancaja – Xóvenes Emprendedores e facilitadores do Clube Emprende M.A.S. Para máis información: www.adnideas.com.

Direcciones relacionadas



Compartir: