TRÁFICO

A Policía Local e a Garda Civil realizaron máis de 350 controis durante a ponte da Constitución

10/12/2012 Durante a pasada ponte a Garda Civil de Tráfico de Santiago e a Policía Local efectuaron controis conxuntos e coordinados nas zonas limítrofes da cidade. En total, foron controlados 360 condutores, tramitáronse 15 denuncias administrativas e instruíuse un atestado.

Así mesmo, o pasado sábado 8 produciuse a detención dunha persoa por ameazas e tenencia ilícita de arma curta. O detido, visiblemente alterado, atopábase nun local da cidade ameazando ao porteiro. No lugar dos feitos presentáronse os axentes da Policía Local, que conseguiron reducir á persoa e quitarlle a arma, disposta para ser usada. O home foi detido, trasladado ao CHUS e posteriormente derivado ao psiquiátrico, onde segue ingresado.

Compartir: