ALCALDÍA

Unha exposición amosa en Fontiñas as cinco décadas de vida da S.D. Compostela

07/12/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, e varios membros da Corporación asistiron á inauguración da exposición con motivo do 50 aniversario da S.D. Compostela instalada no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Esta exposición fotográfica e de trofeos reflicte as cinco décadas de vida do club. A mostra tamén estará no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche a partir do 19 de xaneiro.

Este é un dos actos máis da efeméride do club aos que se suma o Concello. Así, a Concellería de Festas cedeu hai unhas semanas ao Compostela o arco luminoso conmemorativo que xa estivera instalado no paseo central da Alameda durante as Festas do Apóstolo e que agora loce no estadio de San Lázaro.

Compartir: