EDUCACIÓN

Educación achega a Constitución aos máis pequenos no seu 34º aniversario

07/12/2012 A concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, participou no acto de conmemoración do 34º aniversario da Constitución organizado polo Concello no CEIP Monte dos Postes. Nenos e nenas de primaria leron artigos do texto e a concelleira repartiu exemplares entre os escolares.

"Non quixemos que esta celebración pasase desapercibida e por iso quixemos achegar o texto da Constitución aos nenos para que non o sintan como algo alleo e afastado, senón como unha lei que está presente nas nosas vidas e que regula dereitos, obrigas e situacións do día a día", indicou a concelleira durante o acto. Ademais, agradeceu a colaboración do CEIP Monte dos Postes nesta iniciativa

Compartir: