CULTURA

David Guapo debuta en Galicia coa estrea do seu monólogo "Que no nos frunjan la fiesta"

04/12/2012 David Guapo estrea no Teatro Principal o seu novo monólogo, titulado Que no nos frunjan la fiesta, unha aposta segura onde o humor, a música e a improvisación se mesturan nun espectáculo único para todos os públicos. Será dentro do ciclo Falabaratos no Teatro Principal en dúas funcións, ás 20:00 e ás 22:00 horas.

David Guapo combina diálogo e música. David fai diálogos e non monólogos, porque as súas actuacións son auténticos intercambios de impresións cos espectadores. É e será un espectáculo divertido e sorprendente.

David Guapo foi o monologuista revelación do 2011 coa súa aparición en El Club de la Comedia e desde entón é considerado polo gran público un dos mellores monologuistas nacionais. Posteriormente, a diario, participou no programa referente da sobremesa do humor en España Sé Lo Que Hicistéis, onde se acabou de consolidar como unha das novas caras da televisión a nivel nacional.

Son xa mais de tres anos nisto da televisión, sempre ao mais alto nivel da comedia: Buenafuente, El Hormiguero, Nuevos Cómicos de Paramount Comedy e tamén en radio a nivel nacional en programas como Ya Te Digo (morning show de Europa FM) ou Las Mañanas De Buruaga (Cope), aínda que leva mais de 10 anos actuando en directo, onde sorprende con material inédito.

As entradas, a 14 € (10 € no anfiteatro) poden mercarse en Novagaliciabanco (web e teléfono) ou na billeteira do Teatro Principal, que abre ás 18:00 horas. A seguinte cita do ciclo Falabaratos será con Berto Romero, o venres 14 de decembro no Auditorio de Galicia

Compartir: