MULLER

Recepción ás mulleres da asociación "Gizatiar"

16/05/2006 Un grupo de 36 mulleres da Asociación Sociocultural de Mulleres de Romo "Gizatiar", procedente do municipio vasco de Getxo, foi recibido pola concelleira da Muller, Adelaida Negreira, na Casa do Concello. A recepción formaba parte dun encontro que permitiu a estas mulleres compartir experiencias e información con colectivos semellantes de Santiago.

No acto, a delegación vasca estivo acompañada das representantes das asociacións compostelás Andaina, Alba, Raigame, Amulús, Vagalume e Xanela. Ademais, as visitantes puideron coñecer de primeira man as actuacións que en materia de igualdade se realizan dende o Concello de Santiago.

Non faltou o intercambio de agasallos. En concreto, Adelaida Negreira recibiu a representación en prata dun muíño tradicional de Getxo e dous cadros cos debuxos dalgúns edificios significativos deste municipio. Pola súa parte, a concelleira fíxolles entrega dun libro sobre Santiago e de diversas publicacións editadas polo seu departamento.

Despois de coñecer o Concello, a expedición realizou unha visita guiada ao Parlamento e un percorrido turístico guiado pola cidade.

Compartir: