ALCALDÍA

Concello e Deputación da Coruña renovan a súa colaboración en materia de turismo

03/12/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, asinaron un convenio de colaboración no Plano de Competitividade Turística. En virtude deste acordo, o organismo provincial achega 115.000 euros (o 80% do investimento) para diferentes accións turísticas en materia gastronómica, feiral ou de convencións, entre outras.

Ángel Currás apuntou que este convenio é "a expresión da colaboración que se vén mantendo coa Deputación, e non só no ámbito turístico". Así, referiuse á saída dunha etapa da Volta Ciclista a España ou á colaboración co festival Curtocircuíto.

Cara o futuro, o alcalde anunciou a participación da Deputación no financiamento da feira musical Womex, que se desenvolverá en Santiago en 2014. Diego Calvo tamén se referiu a este proxecto, que "converterá Santiago durante unha semana na capital musical de Europa".

Documentos relacionados



Compartir: