DEPORTES

O Rali Botafumeiro contará cun treito urbano no Recinto Feiral de Amio

29/11/2012 O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o XXIV Ralli Botafumeiro, novena e última proba puntuable para o Campionato Galego de Ralis 2012. A competición, organizada pola Escudería Compostela desenvolverase o sábado 1 e o domingo 2 de decembro.

O Rali contará cun treito urbán que se disputará o sábado 1 (15:43h e 20:13h) no Recinto Feiral de Amio. O acceso ao mesmo será previo pago dunha entrada/colaboración, á venda o mesmo dia a un prezo de dous euros. O edil animou os composteláns a presenciar esta proba urbana, que promete espectacularidade.

O resto de tramos discorrerán tanto por Santiago como por outros municipios limítrofes. Aos que desexen presencialos, os organizadores recomendáronlles as normas de seguridade. Así, cómpre situarse sempre en lugares altos, fóra da calzada, e evitar zonas de escapatoria.

Compartir: