ALCALDÍA

O alcalde participou no acto de entrega do Grelo de Ouro a Vegalsa-Eroski

24/11/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu ao acto de entrega do XXVI Grelo de Ouro, celebrado no Paraninfo da USC. A Fundación Amigos de Galicia concedeu o galardón ao director xeral de Vegalsa-Eroski, Joaquín González Iglesias.

Nun acto presidido polo titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, Joaquín González recibiu o premio polo seu "compromiso con Galicia". Así, o Padroado da Fundación Amigos de Galicia salientou o "compromiso da empresa co medio ambiente e desenvolvemento sostible, o compromiso co uso do galego no ámbito empresarial é o apoio a cultura".

A Fundación lembrou que Vegalsa-Eroski "dá traballo directo a 4.462 persoas, o 80% con contratación indefinida, dos que o 95% é persoal galego, pagando en Galicia os seus impostos e sendo a sexta empresa en facturación e emprego. No ano 2011 repartiu entre ás entidades dedicadas á acción social cos mais desfavorecidos 200.000 quilogramos de alimentos, aportando mensualmente 10.000 euros entre as preto de 26.000 persoas que atende a Fundación Amigos de Galicia, das que 14.175 son menores".

Compartir: