PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Continúan as rutas didácticas do programa "Cultura Viva. Fai túa Compostela"

23/11/2012 Segue a desenvolverse o programa educativo de rutas didácticas pola cidade e as parroquias Cultura Viva. Fai túa Compostela, promovido pola Concellaría de Centros Socioculturais e Participación Cidadá. O próximo itinerario, o sábado 24 ten como protagonista a auga.

A ruta "A auga en Compostela I" ofreceranos unha visión do percorrido da auga, mostrando as pegadas das antigas obras de enxeñería que forman parte da paisaxe dos barrios da cidade. Os participantes sairán do Centro Sociocultural das Cancelas (rúa das Cancelas, 19) ás 11:00 horas.

Continuando co programa, este mércores realizouse a ruta titulada "Espazos de arte II". Acompañados por José Guitián, os participantes puideron achegarse á historia da arte de Compostela a través do traballo deste fotografo, estudoso e gran coñecedor de Compostela. A ruta permitiu visitar diferentes espazos de creación e exposición artística e rematou cunha acolledora tertulia no Local Sociocultural da Caramoniña.

Os veciños e veciñas interesadas en participar nas rutas didácticas deste programa poden inscribirse presencialmente ou por telefono nos centros socioculturais tanto en horario de mañá como de tarde. O programa pode descargarse nesta web.

Compartir: