ALCALDÍA

Premio para a xestión da auga en Santiago

22/11/2012 TÜV, empresa certificadora do sistema de xestión de inocuidade, entregou a certificación ISO 22000 ao Servizo Municipal de Augas de Santiago de Compostela, que xestiona a empresa concesionaria Aquagest.

A certificación IS0 22000 refírese a inocuidade dos alimentos. E, como destacou o alcalde, Ángel Currás, "se hai un elemento de primeira de necesidade é a auga; e este nomeamento certifica o abastecemento de auga potable e os servizos de xestión asociados".

O rexedor municipal destacou que este nomeamento demostra a seriedade e o rigor con que se esta aplicando por parte de Aquagest en Santiago de Compostela o tratamento e a potabilización da auga para ofrecerlla a todos os composteláns. "Para o Concello é unha gran satisfacción, xa que é a primeira vez que se consegue en Galicia esta certificación, o cal é a mellor garantía de que a auga que estamos aportando aos usuarios é unha auga que reúne todos os requisitos de inocuidade e calidade", dixo.

O xesto cotiá de abrir unha billa e encontrar que a auga é correcta comeza moito mais ala dende a captación, a potabilización, o almacenamento e o transporte da auga. Ademais, hai moita xente que esta traballando detrás e laboratorios coas súas credenciais e medicións continuas de PH e Cloro. Como quixo destacar o delegado territorial de Aquagest, o usuario non todos estes pasos, pero benefíciase deles no momento no que utiliza a auga. A ISO 22000 é un sistema que engloba a formula de traballo e que fai que todas as directrices da Organización Mundial da Saúde estean realizadas día a día por Aquagest en Santiago.

Documentos relacionados



Compartir: