PLENO ORDINARIO

Convocado o Pleno da Corporación para o xoves 31 de marzo

29/03/2005 A nova ordenanza do servizo do transporte colectivo urbano de Santiago de Compostela, a proposta de adhesión á rede española de Cidades Saludables e a carta de cidades educadoras, na orde do día deste Pleno.

O xoves, 31 de marzo, ás 18.30 horas na Casa do Concello celebrarase o Pleno ordinario co seguinte orde do día:

1. Aprobación, se procede, de acta de sesión anterior.

2. Proposta do concelleiro delegado de transportes relativa á aprobación inicial da ordenanza municipal do servizo do transporte colectivo urbano de Santiago de Compostela.

3. Aprobación definitiva de modificación do estudio de detalle do SUNP-7 - O Avio.

4. Aprobación definitiva do plan de sectorización do SUNP-4 - Camiño Francés.

5. Proposta de adhesión do Concello de Santiago á rede española de Cidades Saudables.

6. Proposta de aprobación do texto da nova carta de cidades educadoras.

7. Dar conta de resolucións da alcaldía e da xunta de goberno local.

8. Toma en consideración das mocións presentadas polos grupos municipais.

9. Rogos e preguntas.

Compartir: