AUGAS

As obras da nova depuradora estarán en marcha en 2007

14/05/2006 As obras de reparación dos colectores e da nova depuradora de augas residuais de Santiago estarán en marcha o vindeiro ano, segundo anunciou a ministra de Medio Ambiente, Cristina Narbona, trala súa reunión co alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, na Casa do Concello. Estas actuacións suporán un investimento de 88 millóns de euros.

Esta cantidade supera en 58 miillóns de euros a prevista no proxecto inicial aprobado en 1995. Narbona xustificou este incremento polos avances tecnolóxicos introducidos. Entre outras posibilidades, a nova depuradora permitirá a reutilización da auga para regar campos e xardíns.

En canto á reparación dos colectores, a ministra anunciou que as obras no primeiro tramo estarán licitadas en xullo. Segundo Sánchez Bugallo, esta actuación permitirá reducir entre un 30% e un 40% o caudal de augas suxas que chegan ao río Sar por non poder recibir un tratamento axeitado.

Compartir: