DEPORTES

Oitocentos rapaces participarán nunha nova edición da Campaña de Minibasket Memorial Lorenzo de la Torre

20/11/2012 O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou unha nova edición da Campaña de Minibasquet Memorial Lorenzo de La Torre, que dende novembro ata o mes de maio se desenvolverá en varios pavillóns municipais da cidade.

Varela destacou o aumento do número de participantes, pasando dos 420 nenos e nenas de 2010 a 800 nesta edición. Por este motivo, o Concello decidiu dar máis cobertura ao evento, engadindo a maiores os pavillóns do Restollal e do Monte dos Postes para a competición, que habitualmente se celebraba unicamente nos pavillóns Lorenzo de La Torre e de Vite. Neste sentido, o concelleiro reiterou a aposta municipal pola promoción do deporte base.

Nesta edición participaran 800 nenos e nenas de entre 6 e 10 anos, que estarán repartidos en dúas categorías: pre-mini, formada por 27 equipos, e mini, composta por 30 equipos.

Acompañou ao concelleiro na rolda de prensa Román Roo, delegado en Santiago de Gadisa, empresa que apoia esta iniciativa.

Compartir: