CULTURA
O xurado encargado de elixir os premiados nesta primeira xornada estivo composto por José Iglesias Ramilo, José Luis Represas, Marta Silva Pérez, Xosé Carlos Seráns Olveira e Pilar Jurado.
As redes sociais tamén foron protagonistas nesta xornada. A través do Facebook e do Twitter os seguidores da Federación Galega de Bandas de Música Populares (máis de 5.000) puideron seguir minuto a minuto o devir do certame. Na xornada do domingo, as bandas pertencentes á sección segunda competirán por lograr un premio neste VI Certame Galego de Bandas de Música. A cita será a partir das 18.:00 horas no Auditorio de Galicia.
O devir do certame poderase seguir a través da páxina web da Federación Galega de Bandas de Música Populares (www.fgbmp.net).
A Unión Musical de Cabral gaña a terceira sección do VI Certame Galego de Bandas
16/11/2012 Celebrouse a primeira xornada do VI Certame Galego de Bandas de Música no Auditorio de Galicia. A Unión Musical de Cabral resultou gañadora na terceira sección despois de que o xurado lle concedera 329 puntos, cun premio de 1.500 euros. En segundo lugar quedou a Banda de Música Santiago de Arteixo, con 291 puntos e un premio de 1000 euros, e no terceiro posto, con 266 puntos, a Banda de Música a Lira de Ribadavia, cun premio de 500 euros.
Nesta xornada, onde participaron 5 bandas pertencentes á terceira sección, aquelas que contan con menos de 50 membros, apreciouse un gran nivel, para que o xurado precisou case unha hora de deliberación. Ademais das xa mencionadas, as outras agrupacións participantes foron a Banda Municipal de Música de Lousame e a Banda de Música de Chapela. Cada unha delas interpretou un pasodobre, unha obra de elección libre e unha obra obrigada, A Batalla de Elviña, do compositor Manuel A. López Pérez.O xurado encargado de elixir os premiados nesta primeira xornada estivo composto por José Iglesias Ramilo, José Luis Represas, Marta Silva Pérez, Xosé Carlos Seráns Olveira e Pilar Jurado.