EMPREGO

Entrega de diplomas aos preto de 60 alumnos dos cursos con compromiso de contratación do hipermercado Carrefour

12/11/2012 A concelleira de Emprego, Paula prado, xunto coa directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz, e os responsables de Carrefour, entregaron os diplomas aos preto de 60 alumnos e alumnas que participaron nos cursos con compromios de contratación do hipermercado Carrefour celebrados no CERSIA.

Os dous cursos de caixeiro repoñedor constaron de 42 horas teóricas e 208 prácticas, mentres que os de dependente de produtos frescos tiveron tamén a mesma cantidade de horas teóricas e prácticas. Un mínimo de 55 persoas cubrirán parte dos postos de traballo no novo hipermercado que Carrefour abrirá o xoves 12 de novembro no Centro Comercial As Cancelas.

A Consellería de Traballo e Benestar investiu preto de 91.000 euros nestes cursos, que tiveron a súa formación teórica nas instalacións do Edificio CERSIA, en San Lázaro. A formación teórica centrouse nos coñecementos xerais da marca, de atención ao cliente, nos coñecementos específicos do posto e nos módulos obrigatorios.

A formación práctica desenvolveuse nos centros que Hipermercados Carrefour ten abertos nos centros comerciais de Os Rosales e Alfonso Molina, na Coruña. Consistiu nunha formación polivalente en dous ámbitos diferenciados: caixeiro-repoñedor e dependente de produtos frescos. As prácticas nos centros da Coruña incluíron unha rotación polas diferentes seccións do hipermercado.

Compartir: