TURISMO

A oficina de información turística estará pechada ata o 25 de novembro por reformas

12/11/2012 A oficina de información turística de Turismo de Santiago, situada na rúa do Vilar, permanecerá pechada ata o 25 de novembro por obras de reforma no seu interior. Seleccionáronse estas datas porque son nas que menor número de consultas se producen en todo o ano, de tal modo que o servizo verase afectado o mínimo posible.

Turismo de Santiago mantén aberta a oficina de información no aeroporto de Santiago. Tamén se poden facer consultas a través do Facebook da empresa municipal ou a través da conta en Twitter: @santiagoturismo.

Compartir: