EDUCACIÓN

O alcalde e a concelleira de Educación escoitaron as demandas dos directores dos centros de infantil e primaria

09/11/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, mantiveron unha reunión cos directores dos centros de educación infantil e primaria de Santiago.

O encontro, celebrado no edificio CERSIA, serviu para abordar diversos asuntos de interese en materia educativa, contrastar pareceres e coñecer as demandas e preocupacións das comunidades escolares da rede de centros de ensino do Concello de Santiago. Estas reunións foron un compromiso adquirido por Ángel Currás cando exercía de concelleiro de Educación.

Compartir: