MOBILIDADE

Inicio do prazo de recollida de tarxetas de aparcamento para os residentes das zonas de Sar e San Lourenzo

09/11/2012 O Departamento de Tráfico informa que dende o luns, 12 de novembro, os veciños das zonas 6, Sar, e 7, San Lourenzo, que dispoñan da tarxeta de aparcamento de residente de zona verde deberán pasar a recoller a nova que substitúe á anterior.

Poderán recoller a nova tarxeta todas aquelas persoas que sigan cumprindo os requisitos esixidos na Ordenanza, é dicir, estar empadroados persoa e coche no mesmo domicilio para o cal obtiveron a súa primeira tarxeta. Aínda que non é necesario achegar unha nova documentación, dende o Concello fíxose unha revisión de todas as tarxetas entregadas e anuláronse aquelas que a día de hoxe non cumprían algún dos dous requisitos mencionados anteriormente.

A recollida farase no Departamento de Tráfico sito na Costa do Cristo, 1ª planta, de luns a venres en horario de 9:00 a 13:00 horas. A entrega farase á persoa interesada ou autorizada, e para iso só será necesario a presentación da anterior tarxeta xunto co DNI.

Os veciños das zonas anteriores (Pontepedriña, Vite-Guadalupe, San Pedro, Almáciga e Ultreia) poden seguir recollendo as súas correspondentes tarxetas de aparcamento. En calquera caso, toda a información actualizada pode consultarse nesta páxina web e na Oficina de Atención ao Cidadán (rúa Salvador Allende).

Compartir: