ALCALDÍA

Docentes e investigadores en Historia da Medicina analizan en Santiago as claves futuras desta disciplina

09/11/2012 O alcalde compostelán recibiu en Raxoi os participantes no XVII Simposio da Sociedade Española da Historia da Medicina, que se celebra na Facultade de Medicina os días 9 e 10 de novembro.

O obxectivo do XVII Simposio da SEHM, que leva por título "Investigación e ensinanza na Historia da Medicina, que nos esixen, que nos deixan facer e que queremos", é reflexionar colectivamente sobre esta materia. A avaliación científica, os índices de calidade nas revistas científicas e o panorama no ámbito docente serán os tres eixes en torno aos que xirará o debate.

Compartir: