ALCALDÍA

O alcalde falou de mobilidade cos taxistas

07/11/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi os representantes da Asociación de Taxis, que lle expresaron as principais inquedanzas do sector. No encontro tamén participou o concelleiro de Mobilidade, Albino Vázquez.

Nesta reunión, o alcalde e os taxistas falaron de mobilidade e tráfico. Así, unha das cuestións pendentes de estudo é a posibilidade dalgún carril específico para o transporte público de viaxeiros. Ángel Currás considerou desexables este tipo de vías pero recoñeceu a dificultade da súa implantación debido á configuración das rúas en Compostela.

Os representantes dos taxistas anunciaron tamén que veñen de presentar unha proposta de revisión de tarifas, contemplando o incremento do IVA e do IPC. O Concello estudará o documento e emitirá o correspondente informe.

Compartir: