ALCALDÍA

Ángel Currás avoga por unha maior presenza da sustentabilidade nas axendas locais

07/11/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, participou na inauguración do o Foro de Intercambio de Experiencias Sostibles, Congreso DeSoUrb (Desenvolvemento Sostible Urbano), que se celebra no Auditorio de Galicia os días 7 e 8 de novembro.

Ángel Currás fixo un chamamento a que, nestes tempos, "onde estamos urxidos por recuperar o desenvolvemento", este non se produza "sen sustentabilidade", xa que, sen este, "o desenvolvemento é máis reducido do que parece". Por iso, avogou por que este concepto de sustentabilidade "ocupe cada vez máis espazo nas axendas locais", tendo en conta tamén que nel se atopan "boas oportunidades empresariais".

DeSoUrb é un proxecto promovido pola Xunta e o Eixo Atlántico que busca trazar un camiño común no desenvolvemento sostible das áreas urbanas e enmárcase no Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España-Portugal, que promove o desenvolvemento das zonas limítrofes entre os dous países, reforzando as relacións económicas e as redes de cooperación existentes. Neste Foro falarase de cuestións como o compromiso pola competitividade local, o financiamento da sustentabilidade local con fondos europeos, a xestión de residuos, a eficiencia enerxética, a mobilidade ou a xestión sustentable do territorio.

Ademais do alcalde, participaron no acto inaugural, entre outros, secretario de Estado de Medio Ambiente, Federico Ramos de Armas; o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en funcións, Agustín Hernández; o presidente do Eixo Atlántico e alcalde de Viana do Castelo, José María Costa; e o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao.

Documentos relacionados



Compartir: