MOBILIDADE

Normalidade na entrada en funcionamento dos novos parquímetros na zona vella

05/11/2012 O concelleiro de Mobilidade, Albino Vázquez, sinalou que os usuarios se afixeron rapidamente ao novo sistema e non se rexistraron incidencias ao respecto.

A posta en marcha dos novos parquímetros, no entorno da praza de abastos, non xerou problemas, como salientou o edil de Mobilidade, que fixo fincapé en que os usuarios estaban informados da medida. De todos os xeitos, na xornada de hoxe e por ser a primeira, mantiveronse os vellos, que se retirarán en breve. A continuación irase completando de forma progresiva a renovación dos restantes instalados na cidade.

En zonas como o Ensanche, os novos aparellos permitirán elaborar nun prazo de dous ou tres meses un estudo preciso sobre o tempo de uso do estacionamento ou do emprego dos residentes da zona azul. A partir das conclusións extraídas tomarase a decisión de establecer ou non limitacións semellantes noutras zonas.

Cómpre lembrar que os novos parquímetros inclúen novidades como a necesidade de introducir o número da matrícula ou a posibilidade de pagar con tarxeta. Posteriormente iranse incluíndo novas modalidades de pago.

Compartir: