XUVENTUDE E BENESTAR SOCIAL

Batalla de breakdance en Área Central

03/11/2012 Área Central foi escenario do Campionato Galego de Breakdance "Santiago Street Battles", organizado por Vella Escola coa colaboración do centro comercial e do Concello de Santiago. Este proxecto pretendía ser unha alternativa de ocio saudable acorde coas inquedanzas e intereses da xuventude actual.

Uns 50 mozos participaron nun campionato que se desenvolveu en batalla de un contra un. Actuará como dj o compostelán Dj Cro e presentou a batalla o vigués Mad Ness. O concelleiro de Xuventude, Adrián Varela, achegouse ata Área Central para presenciar a batalla.

Este evento pretendía potenciar a práctica do breakdance en Galicia e atender a unha demanda importante existente entre a mocidade residente en Galicia, que se debe desprazar fóra en moitas ocasións para practicar competitivamente esta disciplina.

Compartir: