UMAD

Santiago de Compostela é escenario dunha singular batalla de breakdance

02/11/2012 O sábado 3 de novembro, a partir das 16:00 horas, Área Central será escenario do Campionato Galego de Breakdance "Santiago Street Battles", organizado por Vella Escola coa colaboración do centro comercial e do Concello de Santiago. Este proxecto pretende ser unha alternativa de ocio saudable acorde coas inquedanzas e intereses da xuventude actual.

Xa hai máis de 30 participantes inscritos nun campionato que se desenvolverá en batalla de un contra un. Actuará como dj o compostelán Dj Cro e presentará a batalla o vigués Mad Ness. As inscricións estarán abertas ata as 13:00 horas do mesmo sábado e poden formalizarse a través do correo electrónico info@vellaescola.com, na conta de Tuenti "Vella Escola" ou no mesmo lugar da competición entre as 10:00 e as 13:00 horas.

Este evento quere potenciar a práctica do Breakdance en Galicia e atender a unha demanda importante existente entre a mocidade residente en Galicia, que se debe desprazar fóra en moitas ocasións para practicar competitivamente esta disciplina.

Documentos relacionados

Direcciones relacionadas



Compartir: