PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Francisco Noya deu conta ao Consello de Relacións Veciñais da suba do 30% nas subvencións ás asociacións

01/11/2012 O Consello de Relacións Veciñais celebrou unha nova sesión ordinaria, presidida polo alcalde compostelán, Ángel Currás, e na que tamén participaron, entre outros, o concelleiro de Participación Cidadá, Francisco Noya, e a edil de Turismo, Reyes Leis, esta a petición dos propios representantes veciñais.

Francisco Noya deulle conta aos representantes veciñais do incremento dun 30% na partida de subvencións para asociacións veciñais, tal como se anunciara na anterior reunión do Consello no mes de febreiro. Ademais, lembrou o concelleiro, cofinanciáronse carpas e realizáronse ata 50 colaboracións coas asociacións nas festas patronais, achegando inchables, charangas, etc.

Dende Participación Cidadá e Centros Socioculturais tamén se puxeron en marcha os programas Imos coa asociación, destinado especialmente aos veciños do rural; Imos de sendeirismo e Imos de baile. O edil fixo especial fincapé ante o Consello no novo programa Fai túa Compostela, que está permitindo aos veciños de Santiago coñecer mellor a súa cidade. Tamén se referiu ás novidades da última edición de Vive o verán, que por primeira vez incluíu un programa de conciliación no rural, con 123 rapaces en catro centros socioculturais e que deu servizo a nove parroquias. Á vista do éxito, anunciou que tamén se realizará no Nadal.

Compartir: