EDUCACIÓN

O futuro da formación profesional debátese en Santiago

11/05/2006 O alcalde compostelán participou na inauguración do I Congreso Internacional de Formación Profesional, que se celebra no Palacio de Congresos ata o 12 de maio. Sánchez Bugallo acompañou neste acto ó presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e aos conselleiros de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, e de Traballo, Ricardo Varela.

Este congreso está a analizar o estado actual e o futuro da formación e cualificación profesional en Europa e nas distintas Comunidades Autónomas. No mesmo están a participar profesorado de educación secundaria, técnicos de formación profesional, orientadores educativos e laborais, inspectores de educación e diversos axentes sociais.

O programa do evento componse de distintas conferencias plenarias e de mesas redondas, que se está a desenvolver no Palacio de Congresos, pero tamén nos institutos de ensino secundario de Montes de Conxo e Compostela.

Compartir: