ALCALDÍA

Concello e Cogami renovan o seu compromiso de colaboración

29/10/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu o presidente de Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), Anxo Queiruga, quen lle expuxo a actual situación do colectivo, os servizos que a entidade ofrece e aquelas cuestións nas que o Concello pode seguir prestando a súa colaboración.

Anxo Queiruga insistiulle ao alcalde e á concelleira de Benestar Social, Paula Prado, na necesidade se seguir potenciando políticas transversais nas diferentes áreas municipais que teñan en conta o colectivo de persoas con discapacidade. Xa máis en concreto, Cogami estima necesario continuar co plan de eliminación de barreiras e mesmo contemplan a necesidade dunha ordenanza municipal que regula especificamente o tema da accesibilidade.

Compartir: