FUNDACIÓN GRANELL

Charla sobre o vodú na Fundación Granell

10/05/2006 Como actividade complementaria á exposición de fotografía "O camiño negro de Santiago. Vodú", o artista, Luís López, "Gabú", ofrece unha charla sobre as súas vivencias persoais cos oficiantes e crentes, que forman a estrutura das practicas máis escurantistas da relixión vodú en Haití. Será o venres 11 de maio, ás 19:30 horas, na sala de conferencias do Pazo de Bendaña.

Para conseguir as imaxes que expón na actualidade a Fundación Granell ¬-ata o 12 de xuño-, o artista tivo que introducirse nos rituais privados e segredos dos bruxos e feiticeiros practicantes da maxia negra, mesmo comprometendo a súa integridade física en máis dunha ocasión.

Esta exposición, entronca cos intereses do Surrealismo, ó dedicar a súa obra ó coñecemento profundo doutras culturas diferentes da occidental, asentadas todas elas nuns intereses máis achegados ó máxico e poético universo do surrealismo. Esta dinámica de contacto con culturas "primitivas", foi fundamental para o desenvolvemento da plástica do século XX, e da viaxe iniciática que foi común a todos los/ las artistas surrealistas. A respectuosa curiosidade por estas culturas, tamén alimentou a creatividade de Eugenio Granell, ó entrar en contacto con todo o rico elenco de culturas caribeñas.

Compartir: