TURISMO

Peregrinación para promover o Camiño Inglés

26/10/2012 Os concelleiros de Turismo, Reyes Leis, e de Centros Socioculturais, Francisco Noya, uníronse no Polígono do Tambre á peregrinación que realizaron xornalistas e blogueiros para promover o Camiño Inglés e que estivo coordinada pola Asociación Hostalería Compostela. Despois de percorrer este último tramo, a comitiva foi recibida en Raxoi.

Esta peregrinación pretendía promover o Camiño Inglés e xerar información a través das redes sociais sobre este itinerario xacobeo e a súa riqueza patrimonial, paisaxística e gastronómica. Na actualidade, só un 2% dos peregrinos chegan a Compostela por esta ruta.

Santiago(é)Tapas 2012
Tamén nesta xornada comezou o concurso Santiago(é)Tapas 2012. Serán 117 tapas a degustar e 122 os locais que ofrecerán os seus servizos entre taperías, hoteis e locais de ocio nocturno. O concurso rematará o 11 de novembro.

Os tapasportes para poder degustar as tapas pódense recoller nas oficinas de Turismo de Santiago en praza de Galicia, na Asociación Hostalería Compostela (Salvadas,29) e na sede Incolsa (rúa do Vilar,63).

Direcciones relacionadas



Compartir: