BENESTAR SOCIAL

Continúa a sinatura de convenios para o reparto de 398.000 euros entre as entidades sociais de Compostela

26/10/2012 A concelleira de Benestar Social, Paula Prado, segue coa rolda de sinaturas de convenios coas diferentes entidades sociais da cidade. O Concello aumentou a partida ata os 398.000 euros co fin de colaborar con estas entidades no seu obxectivo de chegar a todas aquelas persoas que precisan algún tipo de axuda.

Nalgúns casos, o incremento da achega tradúcese en novos servizos e noutros no reforzo da actividade que xa viñan prestando estas entidades.Unha novidade dos convenios deste exercicio é que inclúen unha cláusula pola que os sancionados por consumo de alcohol na vía pública poden realizar os traballos substitutivos nestas entidades.

Ao longo da mañá pasaron polo Concello os representantes das diferentes entidades para asinar os seus convenios. Nesta ocasión rubricáronse os acordos con:

- Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista da Coruña (Aspanaes): 3.000 euros.
- Cáritas Diocesana: Programa Vagalume, 34.000 euros; e Programa de Atención Primaria, 70.000 euros.
- Colexio de Avogados: 4.000 euros.
- Asociación Galega para Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer (Agadea): 3.000 euros.
- Asociación Galega de Lupus (Agal): 2.000 euros.
- Centro Cultural Social Xoán XXIII: 40.000 euros.
- Asociación Itínera de Voluntarios en Saúde Mental: 2.000 euros.
- Cociña Económica: 42.000 euros.
- Fundación Secretariado Xitano: 20.000 euros.
- Asociación Galega de Espiña Bífida e Lesionados Medulares (Agebi): 2.000 euros.
- Federación de Asociación de Familiares e Persoas con Enfermidade mental de Galicia (Feafes-Galicia): 2.700 euros.
- Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home: 42.000 euros.

Compartir: