PARTICIPACIÓN CIDADÁ
A ruta rematará coa visita e explicación dun proxecto que leva mais de 14 anos traballando en educación para a igualdade de xénero, sendo pioneira nas súas iniciativas en Santiago e en Galicia.
O punto de saída da rúa será a Porta do Camiño, ao lado da fonte, ás 11:00 horas.
Os veciños e veciñas interesadas en participar nas rutas didácticas deste programa poden inscribirse presencialmente ou por telefono nos centros socioculturais, tanto en horario de mañá como de tarde.
Nova ruta didáctica do programa "Cultura Viva. Fai túa Compostela"
16/10/2012 Continúa o programa educativo de rutas didácticas pola cidade e as parroquias Compostela Cultura Viva, Fai túa Compostela, promovido pola Concellaría de Centros Socioculturais e Participación Cidadá.
Este mércores 17 de outubro realizarase a ruta didáctica titulada "Cuestión de xénero". Nesta ruta farase un percorrido a través de lugares que fan referencia a fitos e persoas de relevancia en Galicia que traballaron e traballan a favor da igualdade de xénero. A través da vida de mulleres e homes galegos, contarase como xorde historicamente esta revolución, a importancia de Santiago como lugar de formación universitaria e cultural secular e o lugar que ocupa no momento actual.A ruta rematará coa visita e explicación dun proxecto que leva mais de 14 anos traballando en educación para a igualdade de xénero, sendo pioneira nas súas iniciativas en Santiago e en Galicia.