ECONOMÍA

Máis de 200 participantes na cuarta edición das Xornadas Internacionais de Coaching

11/10/2012 A cuarta edición das Xornadas Internacionais de Coaching tenlugar en Santiago de Compostela os días 11 e 12 de outubro coa participación de máis de 200 asistentes interesados en ampliar os seus coñecementos sobre coaching, reorientación empresarial e profesional, networking activo ou xestión do tempo, entre outras temáticas.

A presentación inaugural da actividade celebrouse coa presenza da concelleira de Economía, Reyes Leis; a coordinadora do XIC, Marcela Parga, e o director do Instituto Ben Pensante, Daniel Alvarez Lamas.

Nas XIC12 traballaranse cinco grandes ferramentas para o cambio persoal e empresarial, destacándose: traballo en equipo, xestión do tempo, xestión de emocións, negociación e técnicas de comunicación, ademais de prácticas de coaching e un gran espazo de networking.

A capital de Galicia convértese así en protagonista nunha edición que ten como lema central "Construíndo a nosa mellor versión". Nas xornadas participará un elenco de profesionais nacionais e internacionais de primeiro nivel, entre os que se atopan Meritxell Casellas, Leandro Fernández Macho Amanda Thomson, Alexandra Lemos, John Tolmie o Thierry de Tourniel e Dorje Dondrub.

Para máis información sobre as Xornadas Internacionais de Coaching, XIC12, o programa de actividades e os relatores pode consultarse a web www.xornadascoaching.es

Compartir: