BENESTAR SOCIAL

Reparto de 500 adhesivos para promover a superación do estigma da enfermidade mental

10/10/2012 A concelleira de Benestar Social, Paula Prado, participou na campaña Mentalíza-T, co fin de conmemorar o Día Mundial da Saúde Mental. Nun acto celebrado no cruceiro de San Pedro, repartíronse máis de 500 adhesivos como símbolo de sensibilización e con recomendacións xerais sobre a saúde mental.

A campaña Mentalíza-T foi ideada polo Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte-Servizos Sociais para conmemorar o Día Mundial da Saúde Mental. O obxectivo desta acción era concienciar e sensibilizar á poboación sobre a importancia do coidado da saúde mental e sensibilizar cara a superación do estigma e dos prexuízos que afectan tanto ás persoas que sofren algunha enfermidade mental como aos seus familiares.

Tratábase tamén de promover hábitos de vida saudables como método de prevención, recalcando a importancia do coidado da saúde mental como unha aposta de futuro, tanto a nivel individual como social.

A acción consistiu fundamentalmente no reparto de máis de 500 adhesivos como símbolo de sensibilización, así como de recomendacións xerais sobre a saúde mental.

Esta iniciativa enmárcase no Proxecto Urbana Santiago Norte, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Compartir: