ALCALDÍA

Compostela sumouse á celebración do Día Mundial da Optometría

09/10/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, sumouse aos actos con motivo do Día Mundial da Optometría, visitando o stand disposto na Praza Roxa e realizando unha revisión da vista de preto.

Ángel Currás valorou o carácter divulgativo desta acción, promovida polo Colexio de Ópticos-Optometristas de Galicia. Este ano, o Día Mundial da Optometría dedícase á presbicia ou vista cansada.

Con motivo desta celebración, celébranse unhas xornadas de portas abertas, nas que os cidadáns poden revisar a vista de balde nas ópticas galegas. Tamén é posible facer esta análise no stand disposto na Praza Roxa.

Documentos relacionados



Compartir: