DEPORTES

Éxito de participación no Día da Bicicleta e na xornada de promoción do karate

07/10/2012 Os composteláns saíron á rúa para participar no XXII Día da Bicicleta, vivindo nunha xornada de lecer e convivencia. Por outra parte, no pavillón de Pontepedriña, numerosos pequenos e pequenas asistiron á xornada de promoción do karate.

Os participantes no Día da Bicicleta puideron gozar dun paseo polas rúas de Compostela, con saída na rúa do Restollal e chegada na praza do Obradoiro, onde se celebrou a entrega de agasallos. Na xornada participaron os concelleiros Adrián Varela, Paula Prado e Albino Vázquez.

Ao tempo, en Pontepedriña, a Agrupación Deportiva Galaika, en colaboración coa Concellería de Deportes e a Federación Galega de Karate, organizou unha xornada de promoción deste deporte.

Esta xornada pretendía dar a coñecer o karate a todas aquelas persoas interesadas na súa práctica. Esta actividade sumouse ás previstas en todo o mundo co obxectivo de demostrar ao Comité Olímpico Internacional (COI) a unión e fortaleza da arte marcial con máis practicantes a nivel mundial. O karate aspira a ser designado en 2013 como deporte olímpico.

Os instrutores de Galaika coordinaron una serie de actividades dirixidas a todos aqueles nenos e non tan nenos que participaron, tiveran ou non coñecementos previos.

Compartir: