ALUMEADO PÚBLICO

Xestores galegos debateron en Santiago sobre eficiencia enerxética nos edificios

05/10/2012 O edificio CERSIA acolleu o I Congreso Galego de xestores Enerxéticos dos Edificios. O encontro reuniu unhas 40 persoas que están traballando como xestores co fin de intercambiar experiencias sobre eficiencia enerxética.

O concelleiro de Alumeado Público, Luis Bello, participou na inauguración deste Congreso, no que se puxo de manifesto que a eficiencia enerxética é un dos grandes desafíos económicos e ambientais do século XXI. Así, nun momento de crise enerxética como a actual, resulta imprescindible a optimización de todos os recursos dispoñibles.

Actualmente estase a desenvolver a figura do xestor enerxético, que é a persoa responsable da xestión da enerxía e da optimización das propias instalacións eléctricas, calefacción, climatización, ascensores...tanto nas administracións públicas como nas empresas privadas. Así, Luis Bello puido explicar as iniciativas postas en marcha polo Concello neste eido do aforro enerxético.

Compartir: