ALCALDÍA

O autobús informativo con motivo da Semana do Cerebro permaneceu aparcado na praza do Obradoiro

05/10/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Benestar Social, Paula Prado, visitaron o autobús que con motivo da Semana do Cerebro se instalou na praza do Obradoiro. Esta iniciativa ten como obxectivo promover a prevención activa do cerebro e axudar a detectar os síntomas das enfermidades neurolóxicas.

Este autobús informativo é unha das accións con motivo da Semana do Cerebro 2012, unha iniciativa da Sociedade Española de Neuroloxía e a Fundación do Cerebro. Os cidadáns que se achegaron ao autobús, ademais de informarse, puideron participar en probas cognitivas de percepción e de axilidade mental e realizar exercicios do cerebro. Os asistentes levaron a súa Tarxeta Cerebro-Saudable cos resultados obtidos.

Documentos relacionados



Compartir: