ALCALDÍA

O alcalde agradece o traballo do Corpo Nacional de Policía para facer de Santiago unha cidade segura

02/10/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu aos actos de celebración dos Santos Anxos Custodios, patrón do Corpo Nacional de Policía. Nunha cerimonia celebrada no Teatro Principal, impuxéronse condecoracións a diferentes integrantes do Corpo.

Ángel Currás expresou o seu agradecemento e o dos composteláns ao traballo do Corpo Nacional de Policía para crear un "sentimento de seguridade" na cidade. Puxo aos seus integrantes como exemplo de "ética e compromiso" e resaltou a colaboración existente coa Policía Local en prol da seguridade pública de Santiago.

Pola súa parte, o comisario do Corpo en Santiago, Simón Sabariz, avalou con datos as afirmacións do alcalde, indicando que as infraccións penais baixaron en 2011 un 6,35%, o que se traduce nunha taxa de criminalidade de 36,9 x 1.000, o que supón 2,5 puntos menos que en 2010. Lembrou o comisario que este índice mide os delitos e faltas por cada 1.000 habitantes censados, polo que, de contabilizarse a poboación non censada, o índice de criminalidade sería aínda menor.

Nesta edición foron condecorados o inspector xefe adscrito á Comunidade Autónoma Antonio Riádigos González e, da Comisaría de Santiago, o inspector xefe Juan Cástor Vázquez Salgado, a subinspectora Rosa María Trigo Domínguez, o subinspector Jesús Pérez Rodríguez, o oficial Jorge Freiría Fresco e os policías Antonio Fernández Raposo, José Manuel Cabrejas Torres, José Ramón López Núñez e David Fernández Vázquez.

Tamén recibiron diplomas de recoñecemento pola súa xubilación o inspector xefe José Luis Castro Izaga, o oficial Juan Manuel Cebro Martínez e os policías Manuel Estévez Álvarez, Ángel Galego Val, Ernesto Miguélez Abeledo, Ramón Rial Barral e Luis Rodríguez Calviño.

Documentos relacionados



Compartir: