RECOLLIDA DE LIXO

Entran en funcionamento os 29 novos colectores de recollida de roupa e calzado

25/09/2012 O concelleiro Barrios, Servizo de Recollida de Lixo e Limpeza Viaria e Brigada de Vías e Obras, Juan de la Fuente, asistiu á posta en funcionamento dos primeiros colectores de recollida de roupa e calzado. Instaláronse 29 colectores deste tipo en diferentes partes da cidade.

Santiago é a segunda cidade galega onde a adxudicataria instala este tipo de colectores. A empresa aboará ao Concello un canon de 5.000 euros anuais e, ademais, doaralle 1.000 quilogramos do recollido para fins sociais. A concesión do servizo outorgouse ata o 31 de decembro de 2015.

Outro aspecto novidoso dos colectores é que incorporan un código QR. Así, calquera persoa que dispoña dun teléfono móbil cun lector deste tipo de códigos poderá obter información sobre este servizo de reciclado, como a relativa á situación física dos diferentes colectores.

Inicialmente instaláronse 29 colectores, pero esta dotación poderíase ampliar ata 60 se así fose necesario. Os colectores metálicos, que permiten a recollida en bolsas de zapatos e roupa, colocáronse nas seguintes rúas: Viena, Montero Ríos, Home Santo, Concheiros, Escultor Asorey, San Pedro de Mezonzo, Bernardo Barreiro, Hórreo, Romero Donallo e Ponte do Sar (zona centro); Fontiñas, Varsovia, París, San Lázaro, Muíña, Cancelas, Salgueiriños de Abaixo, Tabaniscas, Xosé Chao, Irmandiños, García Lorca e Santa Comba (zona norte e Fontiñas); avenida de Ferrol (2), Valentín Varela, Amor Ruibal, Estrada, avenida da Liberdade e praza Aurelio Aguirre (zona sur).

Documentos relacionados

Direcciones relacionadas



Compartir: