ALCALDÍA

Inaugurado o II Festival Peregrinos Musicais

24/09/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á inauguración do II Festival Peregrinos Musicais, que se celebra en Santiago do 24 ao 28 de setembro.

Tras o éxito alcanzado na edición de 2011 celébrase o II Festival Internacional Peregrinos Musicais. Nesta segunda edición participan os novos músicos da Fundación Mstislav Rostropovich, encabezados por Olga Rostropovich, filla do mundialmente recoñecido cellista ruso, con motivo da celebración do 85º aniversario do seu nacemento.

O evento xorde da cooperación entre as Fundacións Benéficas Internacionais de Mstislav Rostropovich e de Vladimir Spivakov, e a Real Filharmonía de Galicia, e conta co apoio do Concello de Santiago de Compostela e da Xunta de Galicia.

Compartir: